Nota de prensa
O MÉRCORES DARÁN COMEZO AS OBRAS DE SINALIZACIÓN HORIZONTAL EN VARIAS RÚAS DE BURELA.
Burela, 8 de agosto de 2011. O mércores 10 de agosto darán comezo as obras de sinalización horizontal en varias rúas de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, pide disculpas polas molestias que poidan ocasionar e tamén colaboración veciñal.
O rexedor dixo que “estes traballos ocasionarán algún que outro problema no tráfico rodado ao longo das vindeiras semanas, de aí que desde o equipo de goberno pidamos disculpas a veciños e visitantes polas molestias que se poidan ocasionar. Tamén queremos demandar colaboración veciñal para que todo discorra con normalidade”.
As obras de sinalización horizontal están subvencionadas pola Deputación Provincial de Lugo “e hai un prazo para executalas, temos que inicialas xa porque senón correríamos o risco de perder esa partida económica”.
A avenida Arcadio Pardiñas ou a rúa Rosalía de Castro serán algúns dos viais que se verán afectados por ditos traballos.