Nota de prensa:
PRESENTACIÓN OFICIAL DE DANI MARTÍN
O ala-pivote Dani Martín foi presentado oficialmente hoxe polo CD Burela FS na compaña do presidente e vicepresidente do club, José Ramón González Casas e Manuel Blanco.
O salmantino de 22 anos, que xa se incorporou esta mañá ao primeiro adestramento do equipo, regresa á entidade mariñá despois dunha tempada no Carnicer Torrejón, da Primeira División. Na súa anterior etapa defendendo a elástica laranxa, en 2009-10, Dani Martín fíxose co título de pichichi burelista, con 28 goles na liga e 5 en play off.
Dani Martín presentado polo CD Burela FS na compaña do presidente e vicepresidente do club