Dende o 22 de xullo está aberta na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove unha exposición de pintura do xovense Manuel Fernández “Frá”; presenta un total de 25 obras, na súa meirande parte óleos, e algunha acuarela de formatos medios e pequenos. Trátase de obra nova. Manuel Fernández “Fra” naceu en Lamaboa-Xove no ano 1.934; do seu pasado mariñeiro e tamén do seu entorno, recolle moitos dos motivos da súa obra, dahí que a súa pintura sen dúbida chegará a un amplo espectro de xente. A exposición vai estar aberta ata o 10 de agosto. O horario de visita é o mesmo da Oficina: De luns a domingo: de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Pechada os luns e martes pola mañá.
Exposición de Manuel Fernández “Fra” en Xove
Exposición de Manuel Fernández “Fra” en Xove
Relacionado
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo