Nota de prensa:
REDE MUSEISTICA-Museo Provincial do Mar
AREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
“Enrédate con nós Verán 2011”
“Enrédate con nós” é o lema desta proposta deste programa de actividades que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer…, pór en rede a todos e todas os que amades os museos e a cultura en xeral. Propoñemos obradoiros, concertos, visitas guiadas, viaxes, representacións, conversas, debates, tertulias, xornadas e mesas redondas, iniciativas para todos os públicos, desde mozos ata maiores que queiran, que se deixen enredar polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Propoñemos pero tamén agardamos propostas de todos, suxestións, ideas ou maneiras de entender o patrimonio como ben de todos, como herdanza común a coñecer e conservar. Un patrimonio común, unha causa común.
Se nos visita tamén agardamos contribuír ao seu lecer, e de paso, a que cada vez que se achegue a este ou aos outros museos da Rede poida percibir esa sensación de satisfacción que sentimos cando sentimos o de todos como noso. Un museo que é accesible a todos un Museo de para todos entre todos.
Coordinación e Mestres: Encarna Lago, Amelia Pernas e Angeles Miguelez
CAMPAMENTOS PARA RAPACES E RAPAZAS: Comunicámonos? Entendémonos?
12 e 13 de xullo, 11 e 12 de agosto de 2011
Emisores activos ou receptores pasivos?
Obxectivos: Aprender a facer , a coñecer , a vivir xuntos e a aprender a ser. A través de variadas actividades , nenos/as entre 3 e 16 anos xuntos no museo , disfrutando do noso patrimonio.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20
Nota: Aínda que as datas de referencia para este campamento son as indicadas, o Museo queda en disposición de atender a todos e todos os participantes durante varios días mais que van desde o 12 de xullo ao 31 de agosto, achegando recursos e colaborando no posible para o desenvolvemento pleno das súas iniciativas.
PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO
6 de agosto
Viaxe ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde nos xuntaremos cos viaxeiros procedentes do Museo Pazo de Tor. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.
Prazas: 40
Inscricións: Museo Provincial do Mar
XORNADAS: MUSEOS, AS REDES SOCIAIS COMO XENERADORAS DE CAMBIOS
Venres 26 de agosto no Pazo de Tor : 11 a 14 e de 17 a 19 horas
interveñen:- Rufino Ferreras Responsable de Desarrollo Educativo dentro del Área de Investigación y Extensión Educativa del Museo Thyssen-Bornemisza e
– Araceli Corvo es responsable de la Biblioteca – Centro de Documentación del MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León) e
– Encarna Lago Xerente da Rede Museística coordinadora das xornadas.
Sábado, 27 de agosto, de 11:00 a 14.00 e de 17.00 19:00 horas
Xornada teórico-práctica: Educación, cultura e acción social nos social media. Estratexias, medición e avaliación para ámbitos de natureza cualitativa con impacto a medio e, longo prazo, por Pilar Gonzalo traballa na Área web do Museo Reina Sofía é redactora da sección “.org” da revista Compromiso Empresarial”
XORNADAS MUSEOLOXÍA SOCIAL: Coordinación Encarna Lago
2 xullo as 11 : Obradoiro para maiores da Once impartido por Angeles Miguelez, Encarna Lago e Amelia Pernas.
7 de xullo de 11:00 a 14.00: obradoiro discapacitados físicos.
22 de setembro de 11:00a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00
Pola mañá, actividade práctica a cargo de persoal da ONCE.
Pola tarde, reunión cos colectivos discapacidade da Mariña afectados e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade por parte de Encarna Lago responsable de dito departamento.
EXPOSICIÓNS
A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves (Do 1 de agosto ao 30 de setembro)
Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acolá (do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2011), ás 18.00 horas
Documentos con memoria (setembro de 2011)
Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo sobre o convento de San Francisco de Lugo con motivo do 80º aniversario da súa declaración como BIC.
CINE NO MAR
Do 1 ao 31 de setembro, ás 18:00 horas (agás luns e domingos pola tarde)
REVISTA ORAL: A voz dos carraos, nº 11. Sábado, 24 de setembro, ás 19:00 horas
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Visitas guiadas xerais
Todos os días, ás 12:00 e ás 17:00 horas
Itinerarios en feminino , pezas e lendas de mulleres.
Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.
NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.
O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.
No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas inscritas en reserva.
Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594572
museodomar@museolugo.org
www.museolugo.org.
Horario de verán (de xuño a setembro) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a14:00. Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado
Entrada gratuíta