CERVO.- A Delegación de Deportes do Concello de Cervo acolle e colabora con esta iniciativa promovida por un grupo de mozas do municipio. A concelleira de Deportes do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, e as mozas encargadas da organización do torneo de fútbol praia feminino de San Ciprián fixeron onte a última hora da tarde a presentación oficial do cartel anunciado do torneo.
Esta proba deportiva terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de agosto no areal do Torno (San Ciprián), e nela poderán participar un máximo de 10 xogadoras por equipo. O prezo de inscrición por equipos será de 60 euros e os premios dependerán da recadación en virtude das cotas de inscrición. Así o primeiro clasificado levarase o 60% da recadación, o segundo clasificado obterá o 25% e, finalmente, o terceiro clasificado obterá un vale polo 15% da recadación.
As interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do vindeiro 28 de xullo no Bar Playa-CIT ou chamando aos teléfonos 699.36.52.47 ou 646.81.33.29
Ademais do Concello de Cervo, no torneo tamén colabora o bar Playa-CIT e o bar Camarote.