Notas de prensa:
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION
SOBRE AS COMPAÑIAS ELECTRICAS
Que tanto os veciños de Viveiro como de outros concellos, estamos a padecer, tanto o incremento das tarifas eléctricas que o Ministerio de Industria propuxo a Comisión Nacional de Enerxía, como o cobro de forma irregular de cantidades abusivas e que non cumplen a normativa vigente; xa que se veñen dando casos nos que se cobran cantidades desorbitas, sin que por parte de consumidor poida comprabar as lecturas dos contadores para poder contrastar as cantidades consumidas.
Que este feito vense a dar dende o 01 de xulio de 2009, fecha na que se liberalizou a comercialización, polo cal podiamos contratar libremente con calquer empresa comercializadora, da cal nos pasaron relación y teléfono de contacto. Transcurridos dous anos dende ese momento, nos atopamos co abuso por parte das compañías comercializadoras, tanto no cobro indiscriminado, como nos consumos irreales, procedentes de lecturas estimadas, así como a tardanza no cobro dos mesmos, o que conleva ó desaxuste económico da economía familiar e das empresas.
Por outra parte estamos ante a indefensión das familias e comerciantes, cuyas demandas de aclaración non son nin siquera contestadas, tanto desde as comercializadoras, como dos organismos públicos que teñen as competencias para poder requerir as citadas compañias.
Que recientemente cerrou ó público as suas oficinas, a única operadora que tiña atención ó público neste Concello.
Por todo o anteriormente exposto, o noso grupo municipal, SOLICITA, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:
1.- Dar traslado os distintos grupos do Congreso e Senado no Goberno Central, así como da Xunta de Galicia, para que tomen as medidas oportunas, para que as comercializadores den a atención que se merecen os cidadán tanto no complimento da ley, como na atención das suas queixas e reclamacións, e que lles exixan o cobro real do consumo e non consumos estimativos, e que teñan as facturas un formato único para todas, e que apliquen de oficio as ofertas que teñan.
2.- Que se lles exixa as empresas comercializadoras da enerxía que teñan cando menos unha oficina de atención ó publico, nos concellos máis representativos, donde esteñan operando.
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION
SOBRE REQUERIMENTO DA DIRECCION XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO PARA O PAGO DE DEUDAS DE VARIOS ANOS NAS VIVENDAS SOCIAIS DE COVAS.
Que temos conocimento por parte de veciños da parroquia de Covas, nos que por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo, se lles notificou, requerimentos para o pago de importes equivalentes a cinco anos de cuotas , baixo a amenaza de que de non facer efectivo o importe, “DARA LUGAR A TRAMITACION DE PROCEDEMENTO DE RESOLUCION DO SEU CONTRATO, OU DE EXECUCION HIPOTECARIA, QUE PODERÁ REMATAR CO CONSEGUINTE LANZAMENTO PARA A POSTERIOR ADXUDICACION DA VIVENDA A OUTRO BENEFICIARIO”.
Que temos constancia que en algúns casos, non teñen maneira de poder pagar estas cantidades, dado que perciben pensións que rondan o salario mínimo interprofesional, e que ademais ainda que quixeran solicitar un crédito nunha entidade financiera, reciben o non por resposta, tanto pola edade que teñen en algúns casos como polos ingresos que perciben.
Por todo o anteriormente exposto, o noso grupo municipal, SOLICITA, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, do seguinte punto:
1.- Xestionar ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a posibilidade de aplazar os pagos de maneira que os interesados poidan facerlle frente , sin que se vexan privados de ingresos que necesitan para vivir .