Nota de prensa
A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE
ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 11 AO 17 XULLO
Burela, 08 de xullo de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2 cursos na
vindeira semana.
O 12 de xullo comezará o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico”, co
que se amosará a crear unha conta de correo electrónico e como enviar e recibir
correos. Este curso rematará o 26 de xullo e o seu horario será de 16 a 17:30
horas.
O 13 de xullo comezará o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”,
co que se pretende dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para manexar
un ordenador dun xeito básico. Dito curso rematará o vindeiro 22 de xullo. O
horario será de 11 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para
promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo
potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica,
empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden
dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da
páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es