Nota de prensa
O VINDEIRO VENRES 1 DE XULLO COMEZARÁ A FUNCIONAR DE NOVO O BUS PRAIA QUE NESTE VERÁN CONTARÁ CUNHA FRECUENCIA MÁIS, SEGUNDO ANUNCIABA HOXE ANA MARTÍNEZ. HABERÁ TRES SAÍDAS DESDE RIBADEO CARA AS PRAIAS E VICEVERSA.
Ribadeo, 27 de xuño de 2011. O vindeiro venres 1 de xullo comeza de novo a funcionar o bus praia, unha inicativa que o Concello e a empresa Eocar puxeron en marcha o verán pasado e que tivo unha boa acollida por parte de ribadenses e visitantes.
A concelleira deTurismo, Ana Martínez, anunciaba esta mañá que “o vindeiro venres 1 de xullo comezará de novo o servizo de bus praia. Trátase dunha iniciativa privada que ten autorización económica e que conta co apoio do Concello”.
A edil nacionalista lembrou que “dita iniciativa que xurdiu o verán pasado e que foi moi positiva este ano contará cunha frecuencia máis e así terá saídas desde Ribadeo ás 11 da mañá, ás 15:15 e ás 17:45 desde a oficina de turismo pasando pola rúa Virxe do Camiño e estación de autobuses. E con volta ás 13:30, ás 17:00 e ás 20:00 da tarde desde a praia das Catedrais, Esteiro e Castros-Illas de luns a domingo durante os meses de xullo e agosto”.
Os prezos por viaxe de ida e volta mantéñense igual que o ano pasado e serán de 2,5 euros para adultos e de 1,5 euros para nenos menores de 8 anos. E tamén haberá bonos desconto.
Segundo Ana Martínez, “o bus praia permite que a xente que non dispón de medios de transporte propios poida achegarse ás praias ou incluso a xente que prefire deixar o coche na casa e mesmo os visitantes que se achegan a Ribadeo sen vehículo propio. Deste xeito todos poderán disfrutar das nosas praias e aproveitar para visitar As Catedrais”.
Os interesados en obter máis información poden atopala na oficina de turismo, nos hoteis e tamén nos carteis informativos que se colocarán por diversos puntos da vila.