A moza burelesa Laura Ramos Cuba, que recentemente finalizou os estudos de Bacharelato no IES PErdouro, acaba de recibir o 1º premio na 27ª edición do Certame Literario María Soliño convocado en Cangas do Morrazo. Con este novo premio, Laura Ramos consolídase -xunto con Lucía Barrera López- como un dos referentes da xeración emerxente “Modelo Burela” constituída por mozas e mozos de entre 15 e 20 anos con extraordinaria fluidez en tres linguas internacionais e con notable dominio da expresión literaria en lingua galega.
Laura Ramos Cuba gaña o certame María Soliño en Cangas do Morrazo