Nota de prensa:
ALFONSO MERA IMPARTE UN RELATORIO SOBRE SEGURIDADE EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES MONTE CASTELO
O alumnado do IES Monte Castelo de Burela aproximouse esta mañá á responsabilidade civil e seguridade deportiva nun relatorio do director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, integrado na formación de prevención de riscos laborais do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas.
O licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, vinculado ao club laranxa dende 2005-06, trasladoulles aos/ás estudantes do primeiro curso da devandita especialidade, conceptos de responsabilidade civil e penal, así como tipos de seguros adecuados e medidas de seguridade y prevención en instalacións e actividades deportivas.