BURELA .- O colectivo cultural Buril celebrou o luns unha asemblea na que renovou a súa xunta rexedora que pasa a presidir Rosana Valle Yáñez e na que se integran Senim Gonçalves Banho, Roberto Bouça Orosa, Lucía Bouza Orosa, Alfredo Banho Fernández e David Canto Veiga. Buril é un colectivo que ten como principal obxectivo a dinamización cultural en Burela e a súa difusión noutras vilas de A Mariña e de Galiza, a través do racionamento con outros colectivos e persoas.
Nota de Prensa
O Colectivo Cultural Buril renovou a súa Xunta Rexedora en Asemblea Extraordinaria celebrada hoxe luns, 5 de Xaneiro. A nova Xunta queda configurada do seguinte xeito:
Presidenta: Rosana Valle Yáñez
Vicepresidente: Senim Gonçalves Banho
Secretario: Roberto Bouça Orosa
Tesoureira: Lucía Bouza Orosa
Vogal: Alfredo Banho Fernández
Vogal: David Canto Veiga