O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) e mais o Departamento de Lingua Galega do I.E.S. Perdouro, de Burela, organizan senllas actuacións do actor, dramaturgo e contacontos Cándido Pazó, o xoves, 2 de xuño, no auditorio da Casa da Cultura de Burela. s 11:00 da mañá será o primeiro pase, para ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Cándido Pazó porá en escena o monólogo cómico Cunqueiradas, en homenaxe ao centenario de Álvaro Cunqueiro. O segundo monólogo, de 13:00 a 14:00 horas, leva por título Parece Mentira “unha narración tabernaria” a que asistirán alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Candido Pazó ofrece dous monólogos para alumnado do IES Perdouro en Burela