Nota de prensa:
Así o deu a coñecer a directora xeral de Infraestruturas na Comsión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia celebrada no día de hoxe
A XUNTA CONFIRMA, A PREGUNTAS DE BALSEIRO, QUE PREVÉ CONTAR CO PROXECTO CONSTRUTIVO DO TRAMO DA VAP VIVEIRO SUR-CELEIRO NESTE ANO, SOMETELO A INFORMACIÓN PÚBLICA E ACOMETER AS EXPROPIACIÓNS
O deputado popular agradece que por fin exista un compromiso claro e realista sobre a mesa, con investimentos relevantes e obras sobre o terreo como acontece co tramo Celeiro-San Ciprián.
Santiago, 27 de maio de 2011.- A directora xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez confirmou en resposta parlamentaria ao deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, que o seu departamento prevé contar co proxecto construtivo do tramo da Vía de Altas Prestacións (VAP) entre Viveiro Sur e Celeiro neste ano, o 2011, sometelo a información pública e acometer as expropiacións necesarias para levar adiatne as obras.
A alto cargo da Consellería de MATI confirmou polo tanto a posta do goberno popular por dar un impulso a esta infraestrutura de grande interese social que o bipartito mantivo paralizada durante os seus anos de goberno na Xunta.
Jose Manuel Balseiro insistiu na importancia de cumprir cos prazos establecidos na planificación estratéxica da Xunta –coñecida como plan MOVE- e sinalou que no referente a esta vía de alta capacidade todo o anterior foron incumprimentos “polo que os veciños da Mariña xa están moi cansados o que queren é ver avanzar esta obra”. Nese senso agradeceu á representante do actual equipo directivo da Xunta que “por fin exista un compromiso claro e realista sobre a mesa, con investimentos relevantes –máis nos tempos que corren- e obras sobre o terreo como acontece co tramo Celeiro-San Ciprián”