Nota de prensa
UNIFOZ, antes as diferentes declaracións aparecidas en prensa, quere manifestar en voz alta e clara o seguinte:
UNIFOZ prometeu en cada un dos actos de campaña que os 1255 votos de UNIFOZ, non serian empregados para facer Alcalde nin ao Candidato do PP, nin ao candidato do PSOE, e iso e o noso compromiso.
UNIFOZ falará con todas as forzas política para tentar que Foz teña un ALCALDE / ALCALDESA DE PROGRESO DE UNIFOZ, E SOBRE TODO UN GOBERNO DE DIALOGO E CONSENSO PARA OS VECIÑOS DE FOZ.
UNIFOZ quere clarificar que si o futuro Alcalde chegara a ser o candidato do PP, será por ser a lista máis votada porque así o dixeron os cidadáns, pero nunca o será por o apoio de UNIFOZ
UNIFOZ, non entrará e facer valoracións das declaracións de persoas que xogan a prácticar o insulto permanente, manchando a imaxe do pobo de Foz.
UNIFOZ apostou por un cambio na forma de gobernar en Foz, e en especial por traballar no traballo conxunto e no consenso político.
UNIFOZ, non exclúe a ninguén, nin pode compartir posicións personalistas onde se pide que dimitan candidatos que foron respaldados democráticamente polos veciños, pois a lectura dos resultados so indica que queren outra forma de gobernar en Foz sen prepotencias nin insultos.
UNIFOZ, considera que é tempo de presente e futuro e non adicará nin un so segundo a falar dun Alcalde en funcións e dentro de pouco tempo ex-alcalde do pasado CESADO polo veciños de forma democrática.
Unifoz, traballará dende goberno ou dende a oposición con responsabilidade e favorecendo a gobernabilidade do Concello para que non sexan outros catro anos perdidos.