Nota de prensa:
ALFONSO FUENTE VALORA DE XEITO MOI POSITIVO OS RESULTADOS ACADADOS NAS ELECCIÓNS DE ONTE. O ALCALDE DI QUE OS CIDADÁNS AVALARON O TRABALLO REALIZADO AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS.
Barreiros, 23 de maio de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, valora de xeito moi positivo os resultados acadados nas eleccións de onte nas que obtivo a maioría absoluta. O rexedor di que os cidadáns avalaron o traballo realizado ao longo dos últimos anos.
Fuente Parga manifestou que “a valoración que teño que facer como alcalde durante estes catro anos pasados e despois de ver os resultados de onte é moi positiva. Avala o traballo realizado neste tempo. Subíuse a porcentaxe de votos hacia o PP e eso ven a avalar dito traballo”.
O alcalde agradeceu “o apoio tanto aos que nos votaron como aos que non e esto nos da ánimos para seguir outros catro anos afrontando este reto que temos agora nos Concellos coa situación económica na que vivimos. Hai que tirar para adiante porque os veciños así o quixeron e nós estamos para dar resposta a todo o noso vecindario”.