Nota de prensa
Veciños e Veciñas do Concello de Foz puxéronse en contacto coa Alcaldía para que se interesara polo servizo que se da no Centro de Saúde de pediatría, pois dita praza estáa ocupando unha interina que non ten a titulación de pediatra e recoñecendo que fai o posible por atender todos os casos que se lle presentan, non é menos certo que existe preocupación entre colectivos familiares por non facer a sustitución dende o Sergas cunha profesional de pediatría.
Por todo o exposto e sabendo que a baixa da titular levará o seu tempo, solicitamos que dita praza se cubra con unha persoa especializada no tema que nos ocupa, que non é outro que a pediatría.