Nota de prensa
O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, non quere contestarlle ao Sr. Cancio no tema político de campaña electoral, sinón que o vai a facer institucionalmente e dende o Concello, para decirlle a este Señor, unha vez máis, que os locais que él dice que non están na Xunta Electoral de Zona para dar actos electorais como: Forxán, Marzán e A Hermida, e consultando a historia das eleccións deste Concello, temos que manifestar que nunca estiveron estes locais para dar actos electorais, que o que se facía e se fai é pedilos aos Presidentes das Asociacións que rixen estes locais cando é o caso, ou pedilos ao propio Concello que non ten inconvinte algún en deixar as chaves para facer os actos democráticos que desexen as organizacións políticas neste caso.
O Sr. Jaime Cancio é especialista en facerse a víctima para coma sempre votarlle a culpa a alguén e así poder descalificalo, neste caso ao Alcalde de Foz, a maiores dice que ten que facer os actos fora destes locais debido a que non quere incurrir en irregularidades porque non están a disposición da Xunta Electoral, como Alcalde me pregunto ¿cómo é que Vostede fai catro anos corría para estes locais dar actos electorais? ¿qué cambiou de catro anos para aquí?, a diferencia de fai catro anos a hoxe é que Vd. pretende ir de víctima ante os cidadáns.
Por todo o exposto, hai persoas nesta vida que mantemos sempre o mesmo criterio e que para gobernar á cidadanía hai que ser serios e responsables, e non andar intentando cizañar para ver si se consigue un puñadiño de votos.