BURELA.- A partir do día 21 de xullo, haberá cambios no tráfico rodado no final da rúa Celso Emilio Ferreiro de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Obras, Pascual Domenech. As rampas de acceso desde Arcadio Pardiñas estarán pechadas ao tráfico e na explanada do Campón tentaremos conxugar a marcha das obras que se están a realizar coa actividade comercial que se desenvolve nesa zona e cos accesos aos garaxes. Os aparcamentos quedarán eliminados mentras duren estas obras, engade Domenech que lle pide colaboración aos veciños e comerciantes afectados por estes traballos “e agardamos que acepten as nosas disculpas polos trastornos que lles poidamos ocasionar”.
Cambios de tráfico en Burela por obras
Cambios de tráfico en Burela por obras
Relacionado
-
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, úrxelle á Xunta unha solución para a situación da estación de autobuses e do transporte escolar no municipio
-
O PP esixe a PSOE e BNG a adopción de medidas de seguridade viaria na LU-P-0701, que asume todo o tráfico procedente da costa coas obras da A6
-
A Deputación aproba acordos e contratacións para ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza cun investimento de case 2M€