Fai hoxe unha semana celebrouse a festa do primeiro de maio. O primeiro de maio e o día internacional dos traballadores e a festa por antonomasia do movemento obreiro.
Dende o seu establecemento, en París en 1889, e unha xornada de loita reivindicativa dos dereitos dos traballadores e de homenaxe os mártires de Chicago de 1886. Estes sindicalistas foron executados en Estados Unidos por participar nas xornadas de loita na consecución da xornada laboral de oito horas, que tiveron o seu orixe na folga empezada o 01 de maio de 1886.
Hoxe en día os partidos políticos de esquerdas e os sindicatos organizan actos e saen a rúa dun xeito mais festivo e de celebración que reivindicativo.
Nestes derradeiros anos estamos a ver que os gobernos están a tomar unha serie de medidas que supoñen recortes para os traballadores:
Unha reforma laboral, que disimulada co animo de crear emprego, esta a modificar as condicións dos traballadores con lindezas como a de abaratar o despido. Nin que dicir ten que de crear emprego nada.
Unha reforma da lei de pensións que aumenta a idade de xubilación e de anos traballados que son necesarios para ter dereito a unha pensión.
Recortes e conxelacións salariais para os traballadores, mentres se dan axudas as empresas e a banca que por certo non para de obter enormes beneficios.
Estamos a ver como hai empresas nas que os obreiros traballan dez horas e cobran oito. Firman o disfrute das vacacións sen telas, etc.
Estamos a ver como non para de medrar o número de parados sen que se cambie a política económica.
Mentres isto sucede:
Os políticos non renuncian a ningún dos seus múltiples privilexios.
Os sindicatos permanecen impasibles e non se sabe ben que intereses están a defender.
Os empresarios están a reclamar e recoller as axudas que reciben, e no primeiro revés presentar un ERE ou un peche patronal.
E a crase traballadora está como adormecida, entregada, permanece impasible ante o presente e futuro que se lle presenta.
¿Realmente pensades que hai algo que celebrar no primeiro de maio?
O Fareiro de Foz