Nota de prensa
A Deputación ten que devolver 236.186 euros por non desenvolver en tempo a acción formativa á que ían destinados
Os populares consideran que esta circunstancia pon de manifesto a desidía dos responsables provinciais e pregúntanse de onde sairán os cartos para facer efectivo o importe que ten que reintegrar
Lugo, a 29 de abril de 2011.- A Deputación ten que devolver ó Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) boa parte dunha subvención (236.186 euros de 255.481 euros), destinada ó financiamento de cursos de formación, porque foi incapaz de desenvolver, en tempo e forma, a súa realización.
A subvención, concedida por lo INAP o 14 de xuño de 2010, tiña como finalidade financiar o desenvolvemento de Plans de Formación Continua no ámbito da Administración Local para o Plan Agrupado de Formación Continua 2010. Pero dado que a Deputación foi incapaz de realizar estas accións formativas no exercizo económico no que se concedeu e, por tanto, foi non puido xustificar os gastos realizados antes do 15 de marzo do presente ano, o presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, tivo que asinar un decreto, con data do pasado 11 de marzo, polo que se prodedía ó reintegro do importe non xustificado (236.186 euros).
A Deputación, salientan dende o Grupo provincial do Partido Popular, pretende xustificar a súa mala xestión dicindo que o plan non se puido levar a cabo debido ás obras que se estaban a realizar na Deputación dende o último bimestre do 2010, o que obrigou a buscar aulas externas nas que desenvolver o plan de formación continua e, por conseguinte, a súa execución. Para xustificar esas obras alúdese a un informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais do 12-11-08 na que indica que os locais adicados a formación non reúnen os requisitos mínimos esixidos para esta función.
Entenden os populares que a Deputación tería que ter previsto que as obras, que adxudicou o 02-07-2010, poderían ter incidencias na realización dos plans de formación continua e buscar, a tempo, solucións que evitasen a perda da subvención. Fundamentalmente, recalcan, porque a planificación das accións do Plan Agrupado de Formación Continua é posterior á adxudicación desas obras.
Dende o Grupo provincial do Partido Popular consideran, por tanto, que a perda desta subvención pon de manifesto a desidía dos responsables provinciais e confirma “a súa falta de interese real” por mellorar a formación dos traballadores adscritos ás administracións locais.
Os populares tamén se pregunta de qué partida se sustraerán agora os 236.186 euros que a Deputación ten que devolver ó Instituto Nacional de Administración Pública.