Nota de prensa
HOXE REUNÍUSE NO CONCELLO A COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO PARA SEGUIR AVANZANDO NO PXOM.
Ribadeo, 28 de abril de 2011. Hoxe tivo lugar unha nova xuntanza da comisión informativa de urbanismo para seguir avanzando no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Segundo explicou o alcalde, Fernando Suárez, “no noso ánimo está seguir traballando” e destacou “a colaboración e a participación de todos os grupos da Corporación Municipal”. O rexedor dixo que “nas vindeiras semanas convocaremos máis reunións da comisión informativa de urbanismo, independentemente da época electoral na que nos atopamos”. O equipo de goberno confía en que a Corporación sexa capaz de aprobar o documento canto antes.