Nota de prensa
ALFREDO LLANO VALORA DE XEITO MOI POSITIVO A COLOCACIÓN DE CARTEIS INFORMATIVOS HACIA BURELA E HACIA O HOSPITAL DA COSTA NAS ROTONDAS DA N-642 ENTRE A ESPIÑEIRA E A VILA.
Burela, 12 de abril de 2011. O Ministerio de Fomento ven de colocar carteis informativos hacia Burela e hacia o Hospital da Costa nas rotondas da N-642 entre A Espiñeira e Burela. Unha nova que foi valorada de xeito moi positivo polo alcalde, Alfredo Llano.
Llano sinalou que “co fin de garantizar unha boa información a todas aquelas persoas de fora que queiran empregar os servizos de Burela, sobre todo o Hospital da Costa, como era unha cuestión demandada e así o fixemos saber, colocáronse na estrada N-642 entre A Espiñeira e Burela, en todas as rotondas carteis de sinalización hacia o hospital e a nosa vila”. O rexedor pensa que “con esta nova sinalización queda perfectamente indicada Burela e onde está o hospital, hai así suficiente información para todo aquel que queira apreciala”. Os carteis informativos foron colocados polo Ministerio de Fomento.
Aparcamentos no hospital
O alcalde tamén se referiu de novo á necesidade de crear prazas de aparcamento nas inmediacións do Hospital da Costa, “agora mesmo estamos a traballar duro nesa zona, tanto nas proximidades como nun dos solares que compartimos cun particular fronte á gardería, para solucionar inmediatamente a falta de prazas de aparcamento”. Alfredo Llano subliñou que “con estas medidas crearemos 50 prazas alí ao lado do hospital, ben aproveitadas en batería e logo poderemos contar con outras 200 fronte á gardería, nun dos solares que quedará en perfectas condicións para aparcar alí. Calculamos que ao longo desta semana rematen os traballos e que a vindeira semana entren en servizo, así facilitamos aparcamentos para os usuarios do hospital e dos institutos. É algo no que levamos traballando un tempo e que en cuestión de días será unha realidade”.