Nota de prensa:
Os afectados do Plan Lugo Emprega continúan reclamando os seus dereitos.
Tras presentar a Reclamación e ser contestados pola Deputación de Lugo
desestimando as súas pretensións, empezaron a presentar xa os Recursos de
Alzada, como paso previo a dirixirse aos Tribunais en vía contencioso-
administrativa. Como decía un dos afectados: “eu non empecei esto, pero se
queren xogar, imos xogar, eso si, que non lles quepa duda que nos imos ir ata o
final”.
A plataforma da rede social Facebook “Denuncia a cacicada do Lugo Emprega
nace en O Valadouro polo descarado uso dun Plan de Emprego como medida
electoralista. Pero rápidamente se unen afectados doutros concellos, xa que a
cacicada foi en toda a provincia así como persoas non afectadas directamente
por este Plan , pero que están cansos de tanta inxustiza.
Dende o grupo queremos agradecer a Jose Luís Garcia Rubal e a Pedro Paz
González, que encabezan a lista do PSOE en O Valadouro, a súa actuación con
respecto a este tema, xa que grazas ao seu “ben facer”, xurde o grupo de
Denuncia e as 265 persoas que neste momento estamos nel, seguimos
pensando que temos algo que dicir, e temos claro que non imos parar ata que
se esclareza como foi o proceso de selección