BURELA .- O Concello de Burela está a barallar a data do 23 de decembro “coma a máis axeitada para realizar a homenaxe que se renderá ás vítimas do naufraxio do Rosamar”. Confraría de Pescadores, Absa, empresa armadora e Concello ultiman os preparativos estes días. Segundo o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “dentro dos actos haberá unha parte relixiosa e outra civil. Neste caso estáse a pensar en lanzar unhas flores ou ben nas inmediacións do porto ou adentrándonos un pouco máis no mar para o que contaríamos coa colaboración da Cruz Vermella ou de Salvamento Marítimo”.
O rexedor burelés lembra que “o Rosamar estaba afincado en Portugal, pero os seus armadores eran de Burela. Nós sempre estivemos moi atentos a todo o proceso de repatriación dos cadáveres a Portugal. O último apareceu hai uns días e foi enviado ó seu país o xoves”.
O pobo de Burela quere amosar deste xeito o seu apoio ás familias dos falecidos e dos desaparecidos.