Nota de prensa
“Garantía de futuro e compromiso para Alfoz”
O Bng de Alfoz presentou onte a ambiciosa lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións municipais.
Unha lista que se presenta encabezada por Iván Marrube e Andrés Vidal Orol de número 2, renovada nun 50% e con varias persoas independentes.
Hector Rivas Val, Pablo Maseda, Jose Areán, Verónica Uz Quirós, Teodoro Éxposito, Jaime Maseda, Iván Paz Paz, Marisa Fernández Lorenzo e Lionel Rexes, son as persoas que integran a candidatura, persoas con capacidade e cunha clara convicción de que Alfoz é un concello que ten futuro.
“Presentamos esta lista co obxetivo de acadar a alcaldía e gobernar o concello, unha lista que é garantía de futuro para Alfoz”
Unha lista na que se auna xuventude e experiencia, un grupo de xente coas ideas claras e comprometidos con Alfoz, os seus veciños e o seu futuro.
Temos como claro obxetivo cortar a sangría de xente que se está a marchar do concello, e preciso fomentar o emprego no val, faremos sen ningún tipo de demora o PXOM, crearemos solo industrial e axudaremos de forma real a regularizar a situación na que están moitas empresas con respecto ó solo, igualmente remataremos a concentración parcelaria en todo ó concello e fomentaremos a creación de empresas relacionadas co sector agrogandeiro e forestal.
“Xa estamos traballando nun proxecto para que Alfoz sexa unha referencia turística a nivel galego” algo moi factible tendo en conta cos recursos paisaxísticos e etnográficos cos que conta o concello.
Despois de 42 anos dun goberno continuista é o momento de que tome a rendas do concello xente sin intereses persoais, somos a única alternativa que garante un trato igualitario para todos os veciños do concello e a defensa dos seus intereses sen ningún tipo de tapuxos.