Nota de prensa:
OS ALUMNOS DOS COLEXIOS VIRXE DO CARME E VISTA ALEGRE CELEBRARON O DÍA DA ÁRBORE COA DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE.
Burela, 21 de marzo de 2011. A Delegación de Medio Ambiente celebrou hoxe o dia da árbore. Segundo explican desde este departamento do Concello “éste e o segundo ano consecutivo que se organiza un xogo de pistas denominado ¿Qúe árbore é?. As monitoras do Centro de educación Medioambiental Gaia presentaron o xogo nos dous centros de ensino de Burela, clase por clase, explicando aos alumnos as bases para concursar. Neste xogo de pistas participaron os alumnos de 2º ata 6º. As monitoras colocaron uns taboleiros á entrada de cada centro onde cada día durante 6 xornadas colocaron unha pista con algunha característica da árbore para que os rapaces e rapazas adivinasen de que árbore se trataba. Cada clase emitiu un só voto, que se meteu nunha urna. (no Ceip Virxe do Carme era unha camelia e no Ceip Vista Alegre era un abeto).
No Ceip Virxe do Carme empataron dúas clases e no Ceip Vista Alegre gañou 6º. Esta mañá acompañados da edil de Medio Ambiente, Lucia Bouza, do alcalde, Alfredo Llano, e das monitoras do Centro de Educacion Medioambiental Gaia prantaron unha árbore, un loureiro no Ceip Virxe do Carme e un almendro no Ceip Vist Alegre. Os actos tiveron lugar nos seus propios centros hoxe as 11:30 e 12:00 horas respectivamente. As monitoras de Gaia, a través desta actividade, sensibilizan aos alumnos “da importancia e conservación dos nosos bosques, non só unha vez o ano, senón todos e cada un dos días deberíamos respectala natureza que nos rodea”.
Día da auga
Mañá, 22 de marzo, as monitoras celebrarán o Dia Mundial da Auga. Os alumnos de 5º e 6º dos dous centros de ensino de Burela verán un video para conciencialos sobre a necesidade de aforrar auga. Gaia repartirá entre o alumnado perlizadores e reductores de caudal para as cisternas do baño e explicarálles medidas de aforro de agua.