Nota de prensa:
JAVIER CASTIÑEIRA, VAI A SER FIEL AO SEU LEMA, “UN PASO ADIANTE” E NON RESPOSTARÁ ÁS DESCALIFICACIÓNS PERSONAIS DE RIVERA QUE SIGNIFICARÍAN RETROCEDER Á POLITICA DO PASADO DE ENFRENTAMENTO QUE OS VECIÑOS NON DESEXAN
Foz, 21/03/11.- Ante as acusacións persoais sin sentido do Sr Rivera que denotan certo nerviosismo e descolocamento político, impropias de un rexedor como se merece o pobo de Foz, Castiñeira responde que mirará para o frente e con vistas de futuro, como dice o seu lema “Un Paso a Diante” e non entrará na dinámica de enfrontamento persoal que tanto lle gustou usar a García Rivera en eleccións pasadas.
Castiñeira afirma que cada día que pasa, está máis convencido de que vai a ser o próximo alcalde de Foz, proba delo é a situación paradóxica actual da política Local, maís concretamente o vivido o sábado pasado nas instalacións portuarias de Foz, onde mentres o Candidato Castiñeira presentaba o proxecto de Reorganización da Zona Portuaria co Presidente de Portos, mirando polo futuro da localidade, o Sr Rivera por outro lado facendo oposición e bloqueando ás obras do Dragado, anclado no pasado detrás das pancartas e descalificando aos rivais políticos e á administración galega, nunha falta de cortesía lamentable.
Non entendemos tampouco, porque Rivera como alcalde de todos os focenses non asistira para facer de anfitrión nas dúas visitas que o Presidente de Portos fixo neste último mes á localidade, para presentar inversións importantes da Xunta de Galicia na Zoa Portuaria de Foz, o que é un claro sítoma de que Bloquea as obras que o ente Galego está a facer na Localidade, coma o Dragado que tanto lle negou o Bipartito, e A Reorganización da zona Portuaria que propuxo o Partido Popular de Foz no Parlamento de Galicia.
O Balance da Visita foi moi positivo, porque tanto Cofradía de Pescadores coma Club Náutico respaldaron o Proxecto presentado, ademais de unha multitude de persoas relacionas co sector náutico pesqueiro que alí estiveron presentes, comentando que o futuro de Foz pasa por esa inversión na zona portuaria, que como dixo o Presidente pode facerse de forma Mixta, entre as administracións e concesións a inversores particulares que aposten pola viabilidade da actuación.
O Partido Popular de Foz está seguro de que o Futuro da localidade pasa por ese proxecto, e cremos que o Compromiso de Álvarez Campana e a confirmación polos técnicos da viabilidade do mesmo é un novo paso a diante da Localidade para voltar a ser o punto de referencia no sector turístico da Mariña, apostando pola excelencia e reforzando a súa oferta de servizos, comercial, ocio e deportivo cun cambio de concepto sen precedentes na Vila.