Nota de prensa:
Dende a Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá queremos, en primeiro lugar, agradecer os servizos que, de maneira desinteresada prestaron ao longo da xornada de onte, os membros das agrupacións locais, laurentina e da Fonsagrada (que nos acompañou neste evento por primeira vez); e que contribuiron a que o Desfile se realizara con toda normalidade e sen ningún percance.
Por outra banda, agradecer a colaboración das Áreas de Cultura dos Concellos veciños que formaron parte do xurado desta edición; neste caso, serían os representantes de: Foz, Abadín, Ourol, Valadouro, Trabada, Barreiros, Cervo, Vicedo (así como Lourenzá); que se repartiron para xulgar as categorías Infantil e Adulta.
Dar as gracias ás entidades que cederon espazos para o mellor desenrolo do evento; neste caso concreto, o C.E.I.P. Juan Rey e Muebles Hermida, que contribuiron coa cesión de prazas de aparcamento nas súas instalacións.
Reseñar, tamén, a ardua labor dos membros de ACIAL, implicados na organización do Entroido, que adican a totalidade da xornada; así como os meses previos a perfilar a programación dos actos que compoñen o “Domingo de Piñata laurentino”.
Tamén a paciencia do público asistente, fiel ao Entroido Laurentino, que nos acompaña cada ano, a pesares das inclemencias meteorolóxicas, que non son quen de deslucir o desfile, e que non impiden que ano a ano medre o número de visitantes.
Finalmente, reseñar a procedencia variada dos participantes e gañadores, que van desde Concellos do Occidente Astur (Taramundi, Vegadeo, Tapia…); así como de Concellos da provincia lucense, tanto do interior como da Mariña (Muimenta, Castro de Rei, Lugo, Villalba, Cervo, Vicedo, Viveiro, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Barreiros, Burela…); e da veciña provincia de Coruña (Ortigueira….). (Adxunto relación de premiados)
RELACIÓN DE PREMIADOS ENTROIDO 2011 – LOURENZÁ
PREMIO | INDIVIDUALES INFANTILES |
1º | Muíño da auga |
2º | Mazurca de millo |
3º | Galicia Calidade |
4º | Mamá, quiero una Barbie |
5º | O río galego |
6º | A nena dos bombóns |
7º | La Cabaretera |
8º | Ben corchada |
PREMIO | PARELLAS INFANTILES |
1º | Alicia en el País de las Maravillas y el sombrero loco |
2º | Rompenoces |
3º | Fadas fantasías |
4º | Parella de gnomos |
5º | Desayuno |
PREMIO | GRUPOS INFANTILES |
1º | Escuela de golfistas |
2º | A quién le amarga un dulce |
3º | El Pulpo Paul |
4º | Érase unha vez o home |
5º | A Revista |
6º | As 8000 pallas |
PREMIO | INDIVIDUALES ADULTOS |
1º | Camaleón robótico |
2º | O avó e o neto |
3º | Las cuatro estaciones |
4º | A Primavera |
PREMIO | PARELLAS ADULTOS |
1º | Señor e señora Mantis |
2º | Reciclando cartón |
3º | Jardín de las sirenas |
4º | Non hai coma o de antes |
PREMIO | GRUPOS ADULTOS |
1º | Un bosque con encanto |
2º | Los locos del Tío Vivo |
3º | Los perros juguetones |
4º | Mariscos de la Ría |
PREMIO | CARROZAS |
1º | “Disco 70” compartido con “La colmena” * |
2º | |
3º | Rocieros pachanjeros |
- No caso das carrozas, houbo un empate con idénticas puntuacións, polo que os membros do xurado decidiron que compartiran o 1º Premio; para elo, xuntouse a cuantía económica do 1º e do 2º e repartíuselles á metade
PREMIO | CHARANGAS |
1º | Pataqueirada |
2º | O mellor de cada casa |
3º | Os Pelochos |
PREMIO | COMPARSAS |
1º | Sin Xeito |
2º | Ruxe Ruxe |
3º | A Trancas e Barrancas |
4º | Foliada |