Nota de prensa
SEGUEN EN RIBADEO OS OBRADOIROS PARA PREVIR A DEPENDENCIA. A VINDEIRA SEMANA COMEZAN OS TALLERES DE BENESTAR NAS ANZAS, NOCEDA, OVE E A DEVESA E DE MEMORIA EN VILAOSENDE E RIBADEO.
Ribadeo, 8 de marzo de 2011. Seguen en Ribadeo os obradoiros para previr a dependencia, que organizou o Concello a través do departamento de Servizos Sociais.
Ao longo desta semana finaliza o taller de memoria que se veu celebrando en Couxela. Desde o Concello destacan que “no mes de febreiro foron xa 6 os obradoiros desenvoltos, 2 de benestar e 4 de memoria, cun resultado satisfactorio”.
E a vindeira semana dan comezo os obradoiros de benestar. Nas Anzas empeza o día 14 ás catro da tarde; en Noceda tamén o 14 de marzo ás sete da tarde; na Devesa o 16 de marzo ás catro da tarde e en Ove o 17 de marzo ás seis e media. En Vilaosende iníciase o obradoiro de memoria o 16 de marzo a partires das tres e media da tarde e en Ribadeo ese mesmo obradoiro da comezo tamén o 16 ás seis da tarde.