Nota de prensa
O PSOE DE CERVO CRITICA QUE O ALCALDE PROMETA UNHAS OBRAS EN RÚA CANDO ESTÁN Á ESPERA DUNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN
Lamentan que Alfonso Villares se comprometa con algunhas asociacións de veciños e con outras non, “pregúntandose se para o alcalde existen veciños de primeira e de segunda”
CERVO, 7 DE MARZO. A portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, mostrouse sorprendida ó saber que o Concello de Cervo se está a comprometer con algunha asociación veciñal do municipio para levar a cabo certas obras, que esperan executar se obteñen a subvención solicitada á Deputación de Lugo, dentro do programa de colaboración que o organismo promove coas entidades veciñais, a día de hoxe sen resolver.
Lara Méndez afirma que “como pode o Sr. Villares dicir que executará unhas obras en Rúa en colaboración cos veciños e aportará o 25% do custe da obra, sen saber se a subvención que teñen solicitada a Asoc. De Veciños Candelaria de Rua e concedida, so se entende esta afirmación baixo o prisma da ineptitude e falla de prudencia cada vez mais habitual no Alcalde de Cervo”.
Dende o GMS tamén se preguntan se para o Sr. Villares hai veciños de primeira e de segunda neste Concello, dado que coma el ben sabe, hai mais solicitudes feitas por parte de outras asociacións e non vemos ese mesmo compromiso con todos os solicitantes, por iso, Lara Méndez recomendoulle a Alfonso Villares que “teña o mesmo compromiso e esforzo co resto das asociacións veciñais do Concello de Cervo.
Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo pedímoslle que “en caso de que algunhas das solicitudes queden fóra da convocatoria, sexa o Concello o que financie as obras que pidan os veciños e que se faga cargo do 100% da inversión”, para mostrar o compromiso real co seu pobo e coas demandas feitas dende as asociacións.