Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Cervo celebraron hoxe o seu propio desfile de Entroido. Os pequenos percorreron o treito que separan as instalacións deste servizo municipal de carácter gratuíto para os nenos en idade preescolar ata a zona do Pedregal e posteriormente voltaron ao seu punto de partida baixo a atenta mirada dos seus pais e nais e co acompañamento dos profesionais que atenden esta gardería. A pesar do pouco treito do percorrido (apenas 200 metros) estes pequenos comezaron a gozar da maxia dos disfraces e do Entroido.
Desfile de Entroido do PAI de Cervo
Desfile de Entroido do PAI de Cervo
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros