Nota de prensa
González Barcia reúnese en Santiago co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta.
O portavoz popular analizou con Lete Lasa a situación actual do deporte burelés e a colaboración da Xunta.
O PP perfila un programa electoral de apoio ó deporte base .
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, reuniuse na mañán de onte en Santiago co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, para analizar a situación actual do deporte burelés e a colaboración da Xunta na matéria.
Barcia lembrou que a Xunta de Núñez Feijoo cumple con Burela, como o demostra a realización da obra do campo de fútbol artificial da Marosa, obra que a xunta bipartita non foi capaz de acometer, ante a pasividade do bigoberno burelés.
Neste orde de cousas, o portavoz e candidato popular afirmou que desde o PP se están a preparar proxectos que se entregarán á Secretaría Xeral para o Deporte, para avaliar a súa realización.
Ademais, Barcia indicou que o PP burelés está a preparar un programa electoral de apoio ó deporte base, por un lado, e por outro de sensibilización e posta en marcha de actuacións deportivas adicadas á poboación adulta e da terceira idade.
González Barcia agradeceu a receptividade do Secretario Xeral para o Deporte, na confianza de que ainda na situación de crise económica que se está a vivir se poidan desenvolver ámbitos de colaboración entre o concello e a Xunta.