Nota de prensa
O PP levará ó Congreso e ó Senado a esixencia de Fomento de que Burela inclúa no PXOM un trazado do corredor Barreiros-San Cibrao que non é definitivo.
Os populares afirman que ano e medio despois ainda non se resolveron as alegacións presentadas ó estudio informativo.
Consideran que nin Fomento nin o PSOE teñen interese nesta obra.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, a senadora Mariña Gueimunde e os deputados nacionais Olga Iglesias e Joaquín García Díez, compareceron hoxe en rolda de prensa na praza do Concello burelesa, para anunciar “a presentación de iniciativas tanto no Senado coma no Congreso encamiñadas a que o Ministerio de Fomento que dirixe o lucense José Blanco explique por qué o ministerio de Fomento emite un informe que obriga ó concello de Burela a incluir dentro da documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao que o ministerio considera o máis idóneo, sen que se teñan resolto as alegacións e se teña aprobado o trazado definitivo do corredor”.
Para os populares, “resulta cando menos contradictorio que Fomento lle demande a Burela tal cuestión, por canto que, ano e medio despois, ainda non están resoltas as alegacións; hai que lembrar que o prazo era unicamente de dous meses”. Polo tanto, afirman os populares, “o goberno de Rodríguez Zapatero non tén ningún interese en facer realidade esta obra, máxime tendo en conta a evolución dos presupostos de Fomento para a mesma”. En 2010 Fomento só gastou dez mil euros en papel, e no presente ano 2011, aumentan a consignación a cento trinta e catro mil euros, que non chegarán nin para as copias dos documentos.
Os representantes do PP consideran que “a obra é absolutamente prioritaria para a comarca da Mariña en xeral e para Burela en particular, pero José Blanco non fixa ningún tipo de prazos”. Sendo conscientes da situación económica actual, “os populares non piden imposibles pero sí piden compromisos. Se o tramo San Cibrao-Ferrol, competencia da Xunta de Galicia, está en obras, como todo o mundo pode ver, do tramo Barreiros-San Cibrao sabemos o que sabemos, é decir, nada”.
Os membros do PP afirman que “ó PSOE non lle gusta nada falar desta obra: de feito, teñen varias iniciativas populares sobre este asunto sen tratar tanto no Congreso coma no Senado. José Blanco enfádase cando se lle fala da mesma, como tamén se enfada o alcalde de Burela, e mesmo o propio PSOE despotrica contra os que se atreven a interpelar a Blanco sobre o asunto, como lle aconteceu a González Barcia hai oito meses durante unha visita do ministro a Burela”.
Ademais, consideran que “Fomento non trata a todos os concellos por igual”. Por exemplo, García Díez indicou que “a Burela o ministeiro esíxelle que introduza ese trazado non definitivo no seu Plan Xeral, pero ó concello de Lugo non se lle fixo a mesma demanda cos accesos á nova ponte, o que non deixa de ser un agravio comparativo”.
Os populares lembraron que hai pouco presentaron unha iniciativa solicitando a resolución das alegacións e a elaboración dun cronograma da obra.