Nota de prensa:
ARREDOR DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN NO MARATÓN DE LECTURA QUE SE CELEBRARÁ MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DURANTE 12 HORAS. A INICIATIVA FOI ORGANIZADA POLA CONCELLARÍA DE CULTURA.
Burela, 21 de febreiro de 2011. O salón de plenos do Concello acollerá mañá entre as 9 da mañá e as nove da noite un maratón de lectura organizado pola Delegación de Cultura. Na cita participarán 300 persoas, segundo anunciaba esta mañá Neves Cando.
A edil nacionalista sinalou que “o maratón foi convocado coma unha actividade máis de fomento da lectura entre os nosos mozos e mozas e tamén entre todas as persoas en xeral”. Neves Cando explicou que “se trata dunha lectura ininterrumpida desde as nove da mañá ata as nove da noite e na que participarán máis de 300 persoas. O acto comenzará coa participación dun membro do clube de lectura de Burela e a continuación será o turno para o alumnado dos nosos centros educativos, primeiro os alumnos a alumnas do IES Monte Castelo, despois o alumnado do CEIP Vista Alegre, logo os rapaces do IES Perdouro e pecharán o turno de mañá os alumnos e alumnas do CEIP Virxe do Carme. Xa pola tarde, a parte das persoas que independentemente se apuntaron, tamén acudirán a esta cita os rapaces e rapazas do clube de lectura do IES Perdouro e varios xogadores e xogadoras do clube deportivo Burela FS. E a partires das sete da tarde será o turno para as asociacións e colectivos de Burela, máis de 20 representantes de todos eles pecharán este maratón de lectura”.
A concelleira de Cultura convida “a todos os que disfruten coa lectura a achegarse mañá ao salón de plenos do Concello de Burela”.