UNIÓN INDEPENDENTE DE FOZ (UNIFOZ), presentóuse onte ante os preto de 90 veciños/as de Cordido co obxectivo de informar desta nova Formación Política, así como para presentar ó candidato desta Formación na parroquia de CORDIDO: JESÚS GERARDO PILLADO NÚÑEZ.
Así mesmo tamén informamos ós veciños dás nosas propostas para o MEDIO RURAL, onde UNIFOZ, quere ser unha marca distinta na forma de gobernar.
UNIFOZ, aposta por políticas de fixación da poboación no medio rural, así como unha aposta decidida polo turismo rural como fonte de riqueza, onde nesta parroquia hai un bo exemplo.
UNIFOZ, se compromete a que cada metro de carretera que se faga, será en agromerado en quente e cunetas de formigón.
UNIFOZ, quere desenrolar tamén un plan para a potenciación da riqueza forestal do noso Concello, e a súa compatibilidade coa conservación dos viais públicos e fixación da poboación no medio rural.
UNIFOZ, quere ser a garantía para potenciar e fortalecer o funcionamento dos colectivos veciñais e culturais.
UNIFOZ, desprázarase á parroquia de Vilaronte o venres 25 ás 21 h, no C.Social do Castro para recoller as inquietudes dos veciños/s e prensetar a MARÍA JOSÉ POSADA RIVERA, candidata de UNIFOZ por Vilaronte