Nota de prensa:
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ante as múltiples queixas de usuarios/as, pregunta aos responsables do Hospital da Costa o porqué do cambio na validación das receitas na farmacia hospitalaria.
Ata agora a validación das receitas facíase no mesmo día da consulta médica, pero agora pasa por ter que volver nun prazo de 72h.
Esta plataforma cree que si un servizo está a funcionar ben, non se debería cambiar por outro que xera trastornos e aumenta gastos para os usuarios/as.
Dende a Plataforma que está a defender a sanidade publica e o benestar dos usuarios/as, solicitamos a inmediata rectificación deste sistema.