Nota de prensa
O deputado popular Jose Manuel Balseiro revela tras reunirse co director xeral do instituto autonómico, Jose Boné, os plans da Xunta para esixir a corrección destes desperfectos
ULTIMATUN DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO Á EMPRESA CONSTRUTORA DAS VIVENDAS SOCIAIS DE CELEIRO PARA QUE REPARE AS DEFICIENCIAS DETECTADAS
* De non efectuar as reparacións no tempo convenido, a empresa perderá o aval e o IGVS executará directamente estes traballos.
* Xa no seu día o deputado popular adiantaba de xeito expreso a intención do IGVS de requerir á empresa construtora a reperación destes desperfectos
Santiago, 15 de febreiro de 2011.- Tal e como adiantou o pasado mes de setembro o deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, o Instituto Galego de Vivenda e Solo requiriu á empresa construtora dos vinte pisos sociais do núcleo viveirense de Celeiro á corrección das deficiencia detectadas, toda vez que puido comprobarse que se trataban de desperfectos de construcción.
EXECUCIÓN SUBSIDIARIA
Con todo, unha vez comprobado que durante todo este tempo non teñen iniciado as obras de arranxo destes desperfectos, que seguen a condicionar a vida normal dos residentes nestes edificios, o instituto autonómico vai dirixir un ultimatum á empresa construtora e, de non iniciarse de inmediato as reparacións, acordará a execución directa por parte da Xunta de Galicia destes traballos, o que suporía a perda do aval depositado pola construtora que no seu momento executou estes edificios.
Estas foron as decisións coñecidas tras unha nova reunión mantida entre o deputado popular Jose Manuel Balseiro e o director xeral do IGVS, Jose Boné Pina, na que o primeiro quixo interesarse polas xestións desenvolvidas ata o momento tras constatar que as queixas dos residentes nestas viviendas continuaban.
O parlamentario mariñán insititu en que, co transcurso do tempo, as deficiencias como humidades e goterias están a empeorar, polo que esixen actuacións urxentes de corrección. Sinalou ademais que a empresa constutora dispuxo dun prazo máis que prudencial para efectuar estos arranxos e deu mostras evidentes de non ter intención de facelo, polo que considereou especialmente acertado, que o IGVS proceda á execución subsidiaria destes traballos e requira despois –polo procedemento que corresponda- as responsabilidades e pagos oportunos á empresa incumpridora.
Balseiro tamén indicou que tras as primeiras reunión mantida o pasado ano, o IGVS efectuou as obras no exterior dos edificios, reparando os defectos que son da súa estrita competencia, e que agora tamén está disposto a facelo, despois de observar que a empresa construtora non foi quen de cumprir coa súa parte.