Xornadas Empresarias e Musicais en Mondoñedo
O Presidente da Deputación inaugurou as Xornadas Empresarias e Musicais que esta fin de semana se celebran en Mondoñedo. Trátase dunha cita organizada polas Asociacións de Comerciantes, Empresarias e de Turismo, así como polo Grupo de Desenvolvemento Rural, nas que se achegarán posturas co obxectivo de marcar unha folla de ruta común para impulsar a actividade empresarial e a economía da Mariña.
Nestas xornadas, homenaxease a Jesús Fernández, coñecido como Suso do Bahía, cronista oficial o Concello de Foz, e fillo predilecto, quen destaca pola súa labor en prol da cultura, o turismo e a actividade comercial desta zona da provincia
No encontro tamén participaron a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano.