Nota de prensa:
O PP rexeitou unha iniciativa para garantir un Plan de viabilidade da empresa
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJOO SEGUE SEN APORTAR UN MILLÓN DE EUROS COMPROMETIDO PARA SARGADELOS
– O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca espetoulles, como non se poñen colorados ante esta falla de respecto aos traballadores?”
-Lembroulle ao deputado do PP, Jose Manuel Balseiro, que non se ocupou nin se preocupou dos traballadores de Sargadelos cando era concelleiro en Cervo
Santiago de Compostela , 11 de febreiro de 2011. O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca, interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento, para reclamar á Xunta que as axudas económicas que se concedan pola Administración autonómica ao Grupo Sargadelos estean condicionadas a un plan de viabilidade que garanta o proxecto industrial singular e o mantemento dos postos de traballo. O PP rexeitou esta iniciativa. Alí denunciou que Feijoo segue sen aportar 1 millón de euros comprometido para a empresa.
Tome Roca lembrou que o PSdeG solicitou a través dunha proposición non de lei, do 28 de setembro de 2010, pola cal se solicitaba á Xunta de Galicia que, diante do ERE dos dous centros de traballo do Grupo Sargadelos, mediante o Igape. Solicitaba ademais que se dese cobertura ás necesidades financeiras da empresa e se impulsase un plan de viabilidade negociado entre a Xunta de Galicia, a empresa e os representantes dos traballadores, que asegure a continuidade da empresa Sargadelos e o seu proxecto industrial singular, e sobre todo, que asegure a continuidade de todos os postos de traballo sen modificacións traumáticas do cadro de persoal actual.
O portavoz socialista advirte que o PP votou en contra, e agora tres meses despois, anuncian que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape vai conceder unha axuda de un millón de euros en dous anos á factoría que Sargadelos ten radicada no concello de Cervo, na provincia de Lugo.
Así as cousas asevera que a empresa cumpriu coa súa parte, xa que esta negociando cos traballadores un Plan de Viabilidade , pero denuncia que a Xunta incumpriu os seus acordos. E preguntoulles aos responsables do PP “donde esta o 1 millón de euros comprometido para este Plan?”, e insistiu nas súas criticas “como non se poñen colorados ante esta falla de respecto aos traballadores de Sargadelos?”, espetou.
O deputado socialista lembroulle ao deputado do PP, Jose Manuel Balseiro, que non se ocupou nin se preocupou dos traballadores de Sargadelos cando era concelleiro en Cervo. E insistiu “a quen quere enganar os responsables do PP?”, proclamou.
Tamén se referiu ás ultimas actuacións do PP na Comarca e cualificounas de “circo”, e referiuse ao Goletazo de Feijoo. Xa que a Xunta decidiu paralizar a construcción dunha embarcación tipo Goleta na Mariña Lucense, valorada en perto de 2 millóns de euros “o capricho de Balseiro quedou paralizado”, dixo.