Perdonenme que me dirixa a vostedes, Executiva, así se fan chamar non? Den a cara e poñan nomes, porfavor. É unha vergoña, unha indecencia e unha falta de respeto moi grande que carguen contra os veciños do noso Pobo, eu tamén o son. Nin me posiciono ó seu partido, por si queda algunha dúbida o PSdeG-PSOE, nin me posiciono co PP, esto, como acostuman a facer vostedes, non é cuestión de intereses políticos. Resúmellelo, por qué? Porque eu si que estaba alí o día que o señor Ministro visitou o noso pobo. É de moi bo gusto dar a man e poñerse pa foto pero xa non é tan agradable o ter que defender os dereitos e inquedanzas de Burela verdade? o ter que poñerse serio e reclamar, e defender, o ter que pedir que nos arranxen o acceso ó porto, ou o tema da disputa, que axilicen o corredor. Falando mal e á présa, ¿a quen lle preguntamos? ó panadeiro señores?.
A súa política ” queda bien” non é a que se merece este pobo e esperemos que no próximo mes de Maio si se faga xustiza con vos.
Supoño que todos sabemos, e non me tachen de partidista e electoralista, fácil argumento, que dependendo do Partido político que goberne a nosa comunidade é moito máis sinxelo acudir a eles cando apareces da man dun membro seu; e este é o caso. De aquí os paseos a Santiago, lean a prensa e verán os avances.
Agora hai que acudir da man do PP, ou esperamos a que o Sr Alfredo nos choque a man e nos leve el? entón morrerei de vello co acceso ó porto sen rematar. O día de mañá, se o seu partido ten a sorte de gañar as eleccións á nosa comunidade ogalla teñamos a sorte de que vostedes se ofrezcan a levarnos da man a Xunta, á Deputación ou a dónde faiga falta. Nese momento, estaremos orgullosos de vostedes, Executiva. Co comportamento que están tendo agora non.
Deixenme decirlles que teñen a sorte de ter a alguén que escribe moi ben, non o deixen escapar, que será a única maneira de facer chegar acusacións tan graves desa forma tan disimulada, se fora eu a implicada ou agora o implicado das súas acusacións teñan por seguro que isto non ía quedar así.Pensen, sentense e pensen. Se consiguen iso, xa o farán mellor. Nunca lles dixeron que é de sabios recoñecer erros e de burros esconder a cabeza entre as orellas? pois Sr Alfredo, eu vin que vostede presenciou a conversación dos membros da Asociación de veciños con Pepe Blanco, saia e diga se é verdade que foi mal educada e fóra de lugar, fale. agora é o momento de que demostre quen é, e quen manda na nosa ou súa executiva local. Senón lea dúas liñas mais arriba e interpreteo como queira, dende logo neste caso, sabio non lle ía chamar.
Sen máis, espero que as miñas palabras sen adornar, non teño a suerte de ter un estudiado que escriba por min, fagan que entren un pouquiño en razón. E porfavor, deixen de meterse co noso pobo, bastante política sucia fan enfrentandose mal educadamente, agora si é asi. Deixen os veciños en paz e dedíquense a Burela.
unha veciña de Burela. Ana Sanchez