CERVO .- A delegación de Asuntos Sociais e a delegación de Cultura do Concello de Cervo entregará o próximo martes os premios aos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”. Será no transcurso do Festival infantil de Nadal que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das oito da tarde.
Nota de Prensa
ELIXIDOS OS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS, POESÍA E RELATO DO CONCELLO DE CERVO
Cervo, 11 de decembro de 2008.- O Concello de Cervo -a través das súas delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais- fixo público o nome dos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.
Os gañadores son os seguintes:
VI Concurso de Postais do Nadal
Nome e Apelidos | Colexio | Idade |
Zaira Ben Vior | CEIP Galdín | 5 anos |
Andrea López Méndez | CEIP Rivera Casás | 7 anos |
Anxo Oroza Fernández | CEIP Cervo | 9 anos |
Carlota Insua Garcia | C. Martínez Otero (Foz) | 11 anos |
Concurso Poesía Infantil do Nadal
Nome e Apelidos | Idade |
Ángela Pardo Fernández | 7 anos |
Jeanette Candal Luque | 9 anos |
Concurso “Carta a un Maltratador”
Nome e Apelidos | Idade |
Itziar Ibisate López | 18 anos |
A entrega de premios aos gañadores terá lugar o vindeiro martes, 23 de decembro, no transcurso do Festival infantil de Nadal que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das oito da tarde (20.00 h.).