Nota de prensa
OS NACIONALISTAS CRITICAN A FALTA DE SERIEDADE DE PORTOS DE GALIZA CON SAN CIBRAO
Alvarez Campana non cumpriu coa presentación do proxecto para un porto deportivo antes de fin de ano e agora tira abaixo a construción da goleta
A anulación da construción da goleta e a falta de proxecto para o porto deportivo e unha clara desautorización dos “conseguidores de medio pelo encabezados por Balseiro”
Cervo, 5 de febreiro de 2010. Os nacionalistas cervenses acusaron hoxe ao presidente de Portos de Galiza, Hosé Manuel Alvarez Campana, de vendedor de fume e preguntáronse cal vai ser a compensación que reciba San Cibrao pola falta de seriedade de Portos de Galiza que comprometeu un proxecto para a redacción dun porto deportivo antes de fin de ano e a construción dunha goleta que agora anuncia non vai construír. Para o BNG, en referencia á paralización da construción da goleta, non e serio que a administración pública, anunciara este proxecto con despregue de medios de propaganda, que o licitara, que o adxudicara provisoriamente, que consignara partidas nos orzamentos 2011, e agora decida a súa retirada porqué aquí hai xente que sae prexudicada que non ten culpa das chapuzas dos dirixentes locais e autonómicos do PP.
Onde está o proxecto de porto deportivo que Campana comprometeu para finais do ano pasado.
O BNG dixo que Campana “fixo e desfixo sen pensar na confianza que algunha xente depositou nel”, en referencia ao compromiso adquirido polo Pte. do ente portuario “diante de moita xente o pasado vrao” para traer antes do remate do ano pasado o proxecto redactado para un porto deportivo en San Cibrao; “co ano xa rematado e co proxecto esfumado agora veñen os embaixadores locais do PP a dicir que reclaman un porto deportivo cuxo proxecto xa debería estar redactado.” Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “neste asunto chove sobre mollado”, “o PP xa anunciou en múltiples ocasións este proxecto e sempre acabou sendo unha farsa para enganar aos mais confiados”. O nacionalista engadiu que deberán ser aqueles que fan as promesas os que dean explicacións dos seus incumprimentos xa que aquí non vale quedar calados.
Por se fora pouco con unha agora veñen coa segunda e retiran o proxecto para a construción da goleta.
Estúa cualificou “farsa continuada e perseverante” a actitude do Pte. de de Portos de Galiza con San Cibrao, “ademais de incumprir as súas promesas co porto deportivo agora tamén anuncia a retirada da construción da goleta despois de anunciala con todo tipo de medios, licitar a súa construción, sacala a concurso, adxudicala provisoriamente, e consignar medio millón nos orzamentos 2011, só un mes escaso despois da aprobación dos orzamentos retiran o proxecto e deixan as aspiracións os cartos e ilusións de moita xente na estacada.”
Clara desautorización a Balseiro e aos “conseguidores” de medio pelo
Os nacionalistas cervenses “aínda tendo dúbidas sobre a idoneidade do proxecto no momento actual, entendemos que non iamos tirar pedras sobre o noso tellado cando se trataba dun investimento importante para executar no noso concello”, “evidentemente deberán ser aqueles que ían de conseguidores e o desautorizado Balseiro os que dean explicacións da falta de seriedade e os bandazos políticos do Sr. Campana e os seus compañeiros de viaxe”, concluíu Estúa.