Nota de prensa:
A DELEGACIÓN DE CULTURA ORGANIZA UN MARATÓN DE LECTURA O 22 DE FEBREIRO DE 9 DA MAÑÁ A 9 DA NOITE NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO, COA INTENCIÓN DE FOMENTAR A LECTURA DE TEXTOS EN GALEGO.
Burela, 4 de febreiro de 2011. A Delegación de Cultura organiza un maratón de lectura o 22 de febreiro de 9 da mañá a 9 da noite no salón de plenos do Concello, coa intención de fomentar a lectura de textos en galego. Os interesados en participar xa poden inscribirse desde hoxe na biblioteca de Burela, segundo anunciaba a concelleira de Cultura.
Neves Cando lembrou que “xa hai dous anos que desde a Delegación de Cultura de Burela puxemos en marcha a iniciativa de crear un clube de lectura como unha actividade cultura e de lecer, que pretende funcionar como un punto de encontro e de intercambio sobre obras da literatura universal. Nestes dous anos son máis de 35 os libros lidos polas persoas que participamos no clube e ademáis disto recibimos a visita de dous autores, María Reimóndez para comentar a súa obra O clube da calceta e tamén asistimos á representación teatral, e Francisco Narla, que nos veu falar da súa obra Los lobos del centeno”.
A edil nacionalista explicou que “agora xa consolidado este clube de lectura queremos dar un paso máis e facer unha actividade aberta a todas as persoas que gocen co mundo da literatura e da lectura. Queremos crear un punto de encontro para persoas interesadas na lectura e unir a dimensión privada e íntima coa dimensión pública que implica compartir un libro con outras persoas nun acto aberto. E por ise motivo organizamos un maratón de lectura para desenvolver o martes 22 de febreiro desde as nove da mañá ata as nove da noite no salón de plenos do Concello de Burela”. Cando dixo que “escollemos iste día porque cremos que non só durante o día do libro ou das Letras Galegas se deben facer actos de fomento da lectura, senón que calquera día é bó para facelo”.
A concelleira de Cultura manifestou que “este maratón é unha lectura ininterrumpida de 12 horas aberta a todo o mundo. Cada persoa que queira participara deberá facelo lendo durante cinco minutos un fragmento ou texto de calquera época, autor e autora de literatura galega elexido por ela. E todas as persoas que vaian participar deben anotarse previamente a partires de hoxe na biblioteca municipal de Burela”. Neves Cando sinalou esta mañá que “tamén transmitimos esta iniciativa aos centros de ensino do noso pobo, ofrecéndolles a posibilidade de que durante a mañá dise 22 de febreiro puidesen achegarse a esta lectura colectiva. E a resposta foi todo un éxito e xa temos cuberta toda a mañá por máis de 150 rapaces e rapazas dos centros de ensino de Burela. Tamén temos confirmada a asistencia dos integrantes do clube de lectura, que funciona no instituto Perdouro e que farán a súa lectura pola tarde e ademáis quixemos que as distintas asociacións e colectivos culturais, deportivos e de calquera índole do noso pobo tamén puideran adherirse a esta iniciativa para mostrar o seu apoio ao fomento da lectura. E neste caso o éxito da convocatoria cubriu tamén ampliamente as nosas expectativas porque representantes de máis de 20 asociacións do noso pobo rematarán este maratón de lectura facendoo de oito a nove da noite dese martes 22 de febreiro”.
Neves Cando convidou “a todas as persoas que queiran participar e que disfruten coa lectura a que se atrevan a vir a ler públicamente neste maratón e tamén ás que non atravéndose a ler públicamente a que veñan escoitar esta lectura ininterrumpida que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro de 9 da mañá a 9 da noite no salón de plenos do Concello de Burela”.