Nota de prensa
VALORACIÓN DO ALCALDE DE FOZ DO PLENO CELEBRADO O 31 DE XANEIRO DE 2011.
O Alcalde de Foz valor os diferentes puntos tratados no Pleno celebrado onte 31 de xaneiro.
2.- TOMA DE POSESIÓN COMA CONCELLEIRA DO PSOE DE DA. MARÍA ELSA OTERO OTERO.
O Alcalde está moi contento porque Elsa Otero Otero pase a formar parte do grupo do PSdeG-PSOE na Corporación e está seguro que se vai a seguir traballando con gañas.
3.- MOCIÓN DO PP EN CONTRA DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011.
4.- MOCIÓN DO BNG CONTRA A SUBA DOS BENS DE PRIMEIRA NECESIDADE: LUZ, GAS E AUGA.
Ante as mocións presentadas polo PP e o BNG o PSOE votou a favor das dúas mocións porque considera que canto menos se suba en época de crise, mellor será a situación da cidadanía. O curioso é que o PP que presentou a moción en contra da subida da luz, abstívose na moción presentada polo BNG pola subida dos bens de necesidade (luz, gas e auga) da Xunta de Galicia. O PP vota abstense nesta moción, sen embargo o PSOE vota a favor da moción contra a subida dos impostos do Goberno Central. Busca o mellor para a cidadanía, en cambio o PP de Foz faille un flaco favor.
5.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE A CALIDADE DOS MEDICAMENTOS QUE SE SUBMINISTRAN AOS PACIENTES.
Nesta moción, no PP non se puxeron de acordo. Por un lado o candidato á alcaldía amosaba a súa postura en contra desta moción, manifestando incluso que o alcalde non era ninguén para opinar deste asunto, cando realmente quen non é ninguén na Corporación é el. O portavoz do PP na Corporación sen embargo non só votou a favor da moción, senón que incluíu materia na mesma.
O Alcalde quere aclarar que non estamos en contra dos xenéricos, senón que hai enfermidades como cancro de pulmón, coronarias, alzherimer, de mama, de riñón, de fígado necesitan de medicamentos especiais. E os xenéricos seguramente non dan o resultado idóneo, polo que o que desexamos é que se realice un estudio para que os pacientes estean atendidos correctamente
Ollo co que pasa cos medicamentos. O PP preocúpase pola subida da luz, … pero non da retirada de medicamentos que hai que pagalos, que non entran en receta, é un imposto encuberto. Esto é importante porque son mediciñas caras.
O resultado desta moción: BNG abstención, PP a favor, PSOE a favor
6.- RECTIFICACIÓN ANUAL INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS A 31 DE DECEMBRO DE 2010.
Aprobado por unanimidade
7.- APOIO Á COMUNIDADE DE MONTES DE NOIS ANTE O XURADO PROVINCIAL DE MONTES
Aprobado por unanimidade
8.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.
9.- MODIFICACIÓN DA PLANTILLA DE PERSOAL.
Para corrixir os erros na redacción da RPT: sorprendentemente o PP en contra, BNG e PSOE a favor.
10.- MODIFICACIÓN DA BASE 48 DAS DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PRORROGADO PARA 2011.
Modificación para aprobar subvención de 350€ para Alcer e 7000€ gastos director banda. Aprobouse unanimidade.
11.- DACIÓN DE CONTA ALEGACIÓNS PLAN POL.
O Alcalde manifestou o descontento porque as zonas de Folgueiras e Tras das Torres quedaron en vez de ordenación, en mellora ambiental, sen ter criterios a Xunta para facelo así. Tendo o Concello un informe da Sª Xeral de Urbanismo onde di que os núcleos rurais están plenamente vixentes. O Alcalde manifesta que todo o que dicía PP e BNG quedou en auga de borraxas. O Alcalde sempre defendeu que estaban vixentes e espera q este culebrón acabe.
Por outro lado, o Alcalde non chega a comprender que a Xunta, desoíndo a Foz, en San Acisclo coloque na zona do centro social cara a estrada de Ferreira beirarrúas e non coloque saneamento como ía no planeamento inicial. Pedimos que se rectifique e que poñan como pediron os veciños.