Organizada por diversos colectivos da Mariña celebrouse o pasado domingo en Foz unha homenaxe a Alfonso R. Castelao co gallo do 125 aniversario do seu nacemento. Non temos noticia de que nalgunha ocasión éste visitara a nosa vila, pero sí que polos anos sesenta do século pasado residiu nela un ilustre xornalista, escritor e político republicano, contemporáneo, veciño e amigo del: don Ramón Fernández Mato. Castelao nacera en Rianxo en 1886 e en 1889 Mato, en Boiro, ambos na ría de Arousa. Coincidiron cursando Medicina en Santiago, os dous foron membros da Tuna Universitaria na que o rianxeiro tocaba a guitarra e da que o boirense era Presidente; ambos remataron as carreiras pero nengún a exerceo. Na súa estadía focega este cronista, a quen don Ramón dispensaba garimosa amizade que durou ata o seu pasamento en 1980, díxolle: “ O seu amigo Castelao dixo que se fixera médico por amor a seu pai, e que non exercera por amor á Humanidade, e vostede?”. “A mín traicionoume o apelido, respostou: ¿qué futuro agarda a un médico que anuncia na porta da súa consulta: “Mato, de 5 a 9”? Don Ramón, home de singular personalidade, culto, de exquisita cortesía e simpatía, de atractiva presencia física, aínda na vellez coa que chegou a Foz, casara no Valadouro cunha moza guapa e rica. Ó estalar a guerra civil do 36, era Director Xeral de Seguridade. Fuxiu a América e cando no ano 1964 voltou, fixou a residencia en Foz. Aquí permaneceo varios anos e en artígos de prensa e en poemas cantóu a beleza da bisbarra e participou en eventos culturais; orador de extraordinarias facultades – así o destaca Castelao nunha magnífica caricatura – coa súa nutrida biblioteca viaxaba un auténtico museo de galardóns, distincións, recoñecementos de institucións e recordos de amigos e amigas do mundo das letras, do teatro, do xornalismo.. Nun debuxo do rianxeiro no seu poder, un home adulto, ante un mozo que se esforza cun libro diante, dille: “Non estudes, rapaz. Métete a político e poderás chegar a ministro de Instrucción Pública”. Sempre o inxenio e a ironía de Castelao…
Suso Fernández