Nota de prensa
A CIG ENSINO DA MARIÑA IMPARTE O CURSO “O GALEGO E O ENSINO” PARA PROFESORADO
Ribadeo, 31 de xaneiro de 2011.- A CIG-Ensino da Mariña anuncia a realización dun curso de formación para docentes. O curso ten un recoñecemento de 10 horas de formación e está homologado pola Consellaría de Educación.
O curso leva o título “O galego e o ensino” e vai dirixido a profesores de ensino público ou persoas que teñan a titulación necesaria para exercelo. O curso realizase os días 18 e 19 de febreiro no Local da Cig de Burela, sito na Avenida Arcadio Pardiñas, nº137 e estará impartido por especialistas na materia. O horario deste curso é de 18:00 h. a 21:00 h. o día 18 e de 10:00 h. a 14:00 h e de 16:00 h. a 19:00 h, o día 19. O prazo de matrícula está aberto e remata o día 16.
Con este curso preténdese coñecer a historia da lingua desde a súa orixe á actualidade, recoñecer os prexuízos que actúan sobre o galego, analizar as situacións lingüísticas de desigualdade nas que se produce diglosia entre o galego e o español., concienciarse da necesidade da normalización lingüística como proceso que garanta o uso do galego, reflexionar sobre a situación actual da lingua galega, os diferentes usos na mocidade e no ámbito urbano, valorar o ensino como ámbito fundamental para a normalización da lingua galega, coñecer as diferentes actividades e o traballo desenvolvido ao longo dos anos no ensino para normalizar o galego, apreciar todas as accións que axuden á normalización e a dquirir información sobre os recursos que existen relacionados coa normalización da lingua e o ensino.
O curso ten un número limitado de 30 prazas das cales un 25% está reservado para xente parada. A matrícula farase a través da páxina web da AS-PG (www.as-pg.com). O custe da matricula é de 9 euros para afiliados, 16 para desempregados e 21 para o resto. Aínda quedan algunhas prazas.