Nota de prensa:
O PP PROVINCIAL SAE EN APOIO DO ALCALDE DE TRABADA E SUBLIÑA A SÚA PLENA CONFIANZA NA XUSTIZA
A Mariña, 29 de xaneiro de 2010- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, amosou o total apoio da dirección provincial ao alcalde de Trabada Jose Manuel Yanes Ginzo e na súa plena confianza en que a Xustiza esclarecerá favorablemente todos os feitos.
Balseiro lamentou a actitude do PSOE que pretende facer agora unha noticia dun procedemento xudicial iniciado fai meses e censura a xudicialización da vida municipal daqueles que pretenden gañar nos tribunais aquilo que non son capaces de conseguir nas furnas, ainda que coma neste caso están eles mesmos convencidos de que ni con estas o conseguirán.
O secretario xeral provincial lembrou finalmente que os socialistas deberán aplicar o mesmo nivel de esixencia ao alcalde de Trabada que aos dous deputados provincias, Lara Méndez e Díaz Valiño quen tamén están inmersos en procedementos xudicias penais en calidade de imputados. Malia que neste último caso hai unha notable diferencia xa que no caso dos socialistas o peso dos indicios penais levaron a que o xuiz decretara á súa detención. Balseiro di que sen prexulgar a necesaria presunción de inocencia cómpre lembrar que o Executivo de Besteiro e Bao na Deputacion provincial é o único el Galicia que mantén a dúas persoas que foron detidas en responsabilidades de goberno.