O sábado pasado fixemos entrega á ONG ” SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ” dos xoguetes e roupa que conseguimos recadar. Eu como presidente da Asoc. Cult. Dep. ” AS MINAS ” estou moi orgulloso do éxito desta iniciativa, para min esta iniciativa foi a máis importante que a asociación levou a cabo ata o momento, incluso máis que os festivais que levamos organizado ou incluso a homenaxe ós mineiros que facemos todos os anos, ter oportunidade de colaborar para que cativos e cativas do Sahara disfruten de un xoguete ou de unha prenda de roupa que os resgarde do frío é algo moi grande, vai roupa para todas ás idades, pero especialmente de cativos que para min son os máis débiles e os que máis hai que protexer, quero agradecer moi especialmente o traballo do resto da directiva, Agustín Trabadelo, Luis Miguel Rivas, Manuel Miranda, Avelina Carballal , Otto Rodríguez e Miriam Rivas, tamén agradecer a Sheila Rodríguez mestra do COLEXIO PRIVADO DE FINGOI en Lugo, Raquel Vijande Orientadora do IES ENRIQUE MURUAIS de A Pontenova, Jorge García director do CEIP A Pontenova, sitios nos que se levou a cabo a recollida aparte de a Clínica Son Saúde, que rexenta o noso compañeiro Luis Miguel Rivas, tamén a German de INDUSTRIAL RECENSE e a Antonio Veiga de IPV por deixarnos vehículos para transportar a mercancía, agora esperamos que a nosa mercancía chegue o seu destino, gracias a toda xente que fixo a súa aportación.
A asociación As Minas da Pontenova colabora coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui