Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
Barcia considera que “hai que eliminar gastos superfluos e investir máis en servicios sociais”.
O portavoz dos populares visita o Centro San Aníbal e reitera o compromiso da Xunta no seu funcionamento.
O PP reunirase mañán, venres, coa Asociación de Amigos da Banda e con veciños no bar “Don Jamón”.
A Xunta de Galicia continuará colaborando co Centro San Aníbal tal e como o vén facendo nestes dous últimos anos, porque o traballo que se está a facer desde o Centro e o servicio que presta, son indispensables e insustituibles no concello de Burela. Estas manifestacións fíxoas o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, logo de visitar no día de hoxe o Centro que rexentan a congregación relixiosa de Hijas del Divino Cielo.
Barcia lembrou que o proxecto para a construcción do centro naceu durante o goberno municipal do PP burelés, e que as obras comenzaron precisamente co PP gobernando o concello burelés, que en todo momento apoiou o proxecto, xestionando axudas das administracións públicas, como as que prestou a Deputación de goberno popular, e ante outras institucións financieiras.
José María González Barcia indicou que a Xunta de Núñez Feijoo concedeu no ano 2010 unha axuda de vintecinco mil euros para o funcionamento do Centro, o que confirma o compromiso da Xunta cos servicios sociais. Barcia foi máis aló, e manifestou que o concello de Burela, de chegar o PP ó goberno municipal, buscará a definición dun ámbito de colaboración co Centro San Aníbal, porque efectivamente este Centro é un complemento impresicindible para os servicios sociais municipais. “Será bon, indicou Barcia, eliminar algún gasto superfluo que se está a producir nestes momentos e investir máis en servicios sociais”.
Por outra banda, o portavoz do PP tamén se reuniu hoxe con representantes do Clube Baloncesto Burela e reiterou, unha vez máis, que o bipartito non está a cumplir os compromisos adquiridos en 2007. Así, lamentou o retraso no pago das contías contempladas nos convenios para a temporada 2009-2010, e considerou absolutamente negativo para a liquidez dos clubes con escolas deportivas que ainda non se saiba nada dos convenios para a temporada 2010-2011, que xa está sobrepasando o seu ecuador e os clubes seguen sen saber nada sobre as posibles contías a percibir.
Os populares reuniranse mañán, venres, coa Asociación de Amigos da Banda e tamén manterán unha reunión con veciños no bar “Don Jamón”. Deste xeito, aseguran os populares, “achegamos a nosa mensaxe ós cidadáns, recollemos as súas suxerencias, buscamos solucións ós problemas entre todos, e facemos a vida social que tanto lle disgusta a certas persoas que son incapaces de falar con máis de dous ó mesmo tempo”.