Nota de prensa
ALFONSO FUENTE ANUNCIU QUE COMEZARON AS OBRAS DE REPARACIÓN DOS CAMIÑOS DE CELEIRO DE MARIÑAOS E VILAMAR, QUE SE FORON DETERIORANDO POLO PASO DA MAQUINARIA ENCARGADA DE CONSTRUIR A A-8 AO SEU PASO POR BARREIROS.
Barreiros, 27 de xaneiro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, anunciou que en breve estarán reparados os camiños de Celeiro de Mariñaos e Vilamar, que se foron deteriorando polo paso da maquinaria encargada de construir a autovía A-8 nesas zonas.
Fuente Parga dixo que “desde o pasado martes nas parroquias de Celeiro de Mariñaos e de Vilamar se realizan xa os traballos de reposición dos camiños que se estropearon durante as obras da autovía A-8. Como viñamos mantendo, estes traballos había que realizalos unha vez que concluisen as obras cando deixasen de pasar os camións, agora parece que xa hai unha data para inauguración destes novos tramos da autovía e polo tanto nós, como mantiñamos xa contacto coas empresas constructoras e boa sintonía, xa sabíamos que ían restaurar eses camiños estropeados durante os últimos meses”.
O rexedor engadiu que “antes de finais de mes ou na vindeira semana estarán listos eses traballos de mellora deses camiños, que quedarán como estaban antes de empezar as obras da autovía, ao igual que ocorreu no seu día en San Miguel, San Cosme ou en Benquenrencia onde se foron arranxando os problemas que había. Evidentemente eso ten que ser así”.